Reserva a túa praza cubrindo o formulario ou pide información por WhatsApp ou por teléfono
Esta formación está concibida como un proceso progresivo de aprendizaxe, no que cada módulo se relaciona cos anteriores e prepara o terreo para os seguintes. Participar no ciclo completo permite darlle continuidade á práctica, integrar os coñecementos e afondar na investigación ao longo do tempo.
A estabilidade do grupo tamén forma parte da nosa proposta pedagóxica: compartir un percorrido favorece a confianza, a construción dunha linguaxe común e a posibilidade de afondar nas relacións que se desenvolven a través da danza.
As persoas que se inscriben no ciclo completo contan ademais cun acompañamento pedagóxico, que inclúe fichas de seguimento e titorías individuais. Ademais, reciben mensualmente unha selección de textos e materiais para ampliar e afondar nos contidos de cada módulo.
Queremos acompañar o proceso de cada participante, atendendo ás súas preguntas, intereses e evolución ao longo dos módulos.
7 módulos
Pagamento por módulo · Reserva mediante depósito inicial.
Pagamento por módulo
Saima Tebini Marcos
