Espazo de práctica coidado e respectuoso
Esta formación está dirixida tanto a persoas que queren coñecer o Contact Improvisación como a persoas que xa o coñecen e queren afondar na súa práctica, así como a persoas con experiencia en danza, teatro, prácticas somáticas ou outras disciplinas do movemento. Tamén a quen ensina CI ou quere achegarse á súa pedagoxía.
Non buscamos un nivel técnico nin un tipo de corpo determinado: traballamos de forma progresiva, respectando a diversidade, a autonomía e os límites de cada persoa.
Entendemos o Contact como unha práctica corporal, relacional e política. Desde unha perspectiva queer e transfeminista, cuestionamos os roles de xénero, o binarismo e as xerarquías, e cultivamos un espazo de práctica coidado, respectuoso e libre de discriminación.
A formación está pensada como un proceso completo de sete módulos, aínda que as persoas con experiencia poderán participar en módulos independentes cando haxa prazas dispoñibles.
